Análise crítico da Lei LGTBI, Galiza 2014

Faguendo click sobre a imaxe, poderás acceder a unha primeira aproximación comparativa da proposta de lei e a lei en vigor sobre a visibilidade, igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI na Galiza. 

https://drive.google.com/file/d/0BzpCohzsK3sUQVNIYXNYQ3NMMTg/edit?usp=sharing


Análise crítico da semántica empregada

1. Visibilidade vs. Igualdade de trato:

Faguendo hincapié na igualdade legal, que en teoría se plantexa como igualdade de trato nesta lei, obviase o elemento político da invisibilidade das persoas LGTBI e o heterosexismo que é garante da armarización das minorías político-sexuais. Finalmente, non se recolle esta filosofía de por en valor a diversidade e a visibilidade da mesma en tódolos campos da vida. 
Deste xeito, no primeiro artigo, omítese aquela parte na que fala da "promoción da visibilidade" das personas LGTBI. Tamén se ignoran as definicións (marco conceptual indispensábel pra implementación desta lei) incluidas no artigo dous da proposta de lei. Isto redunda de doble xeito no descoñecemente histórico que, dende os poderes públicos, se fai das realidades trans (expresión de xénero, transxénero e transexual).

2. Conceptos da discriminación:

Omítense as discriminacións por asociación e erro, algo moi importante xa que non se ten en conta o entorno social das víctimas da LGTBfobia (familia, amistades, compañeiras do traballo ou estudo...). Esí mesmo, non ter en conta a discriminación por erro obvia a realidade da expresión estética e identitaria (plumofobia), ou a da apariencia (xa que moitas persoas son víctimas de LGTBfobia sen formar parte do colectivo, deixándoas en desamparo e sen o recoñecemento público diste tipo de discriminación)

3. Entorno vs. Espazo:

Falar de espazo en vez de entorno, obvia a dimensión ambiental e multidimensional que rodea a persoa LGTBI. O espazo é unha realidade unidimensional moi acotada que resta significados o contexto no que se desenvolve a diversidade afectivo-sexual, e volvendo a deixar en desamparo as persoas que rodean ó colectivo LGTBI. 
O concepto de espazo, ademáis, té connotación de guetificación, estigmatización e certa retórica da deixadez por parte da administración pública. Doutro xeito, o concepto de entorno inclúe as dimensións espazo-temporais, así como as políticas, sociais, culturais, ecolóxicas, etc.

4. Carga da proba:

A omisión da carga da proba, da lugar a que as víctimas da LGTBfobia estén nunha situación de desproteción, cando non teñen ningún xeito de demostrar que sufriron agresións LGTBfóbicas. Elimar iste principio invisibiliza a violencia indirecta e exime a administración pública da investigación das causas das agresións. Obviar isto implica que moita xente deixe de denunciar as agresión LGTBfóbicas, xa que moitas dánse de noite, sen testemuñas e sen amparo.

5. Despolitización da acción positiva:

Baléirase de contido ao eliminar que "consideraranse medidas de acción positiva as diferenzas de trato que persigan previr, compensar e/ou eliminar as desvantaxes e discriminación existente por razón de orientación sexual e identidade de xénero". Chámanlle "medidas específicas" a ferramentas que non se describen nin se definen claramente na lei. Ademáis, iste artigo non obriga a implementalas, xa que é meramente unha declaración de intencións.

6. Omisión da participación das asociacións LGTBI na axenda pública institucional:

Non se obriga á Xunta a ter que escoitar o criterio das asociacións LGTBI no deseño e implementación de leis específicas.

7. Pór en marcha vs. Apoiar:

A Xunta non está obrigada a crear o Servizo de apoio e mediación LGTBI, tal e como se inclúe na proposta de lei, que tiña o prazo dun ano pra poñelo en vigor. Ademáis, como no epígrafe anterior, omítese todo o referente a participación das asociacións LGTBI na creación e posta en marcha do devandito servizo.

8. Omisión das medidas relativas ós centros penitenciarios:

Hai que destacar a especificidade da estanza en comisaría, xa que non se entra a enfrontar a realidade de situacións de LGTBfobia en estancias dos servizos de seguridade. Isto cobra máis relevancia cando falamos de persoas transexuais, xa que omítese tamén o direito ó proceso de tratamento hormonal e psicolóxico.

9. Garantir vs. Ter en conta:

Non se garante a non discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero pra o acceso ós corpos e forzas de seguridade da Comunidade de Galicia. Diste xeito elimínase o compromiso institucional de ter que implementar un protocolo de actuación coas súas correspondentes medidas sancionadoras, situación que sí recollía a proposta de lei.

10. Indefinición da formación dos corpos e forzas de seguridade:

Elimínase o feito de que se formará ás policías locais, funcionarios de institucións penitenciarias, traballadores/as de seguridade privada, integrantes dos servizos de protección civil e corpos de bombeiros, inspección pesqueira e axentes forestais; deixando sen obligación a formación específica destas persoas nesta materia.
Ademáis, a Academia Galega de Seguridade Pública non está obligada a ofertar cursos de formación específica nesta materia, senón a - baixo o seu criterio - incluir accións formativas no seo do seu plan de formación.

11. Eliminación da creación de protocolos e estudos:

Obviar que a Xunta da Galiza teña que facer estatísticas específicas é invisibilizar o fenómeno da LGTBfobia, negar o dereito a investigación e non ter en conta a responsabilidade institucional, a hora de facer estudos, bases de datos, arquivos, e tarefas de documentación específicas. Ademáis, non contar cun protocolo de actuación nos casos devanditos dificulta a tarefa de prevenir as agresións.

12. Incorporar vs. Promover:

No que se refire as cuestións laborais e sindicais a Xunta da Galiza non está comprometida a implementar actuacións de ningún tipo xa que niste apartado (unha vez máis) se fala en termos de "promoverá a incorporación", "poderá establecer mecanismos de información", "promoverá a elaboración dun estudo", "poderase impoñer" e "poderá levar consigo".
É importante a formación específica no ámbito laboral pra eliminar o mobbing e as microLGTBfobias (direitos de maternidade/paternidade, baixas laborais, visibilización das diversidades afectivo-sexuais,  abusos sexuais, despidos improcedentes, etc.) Niste sentido non se garante un código deontolóxico para coas empresas que sexan subvencionadas ou teñan contratos públicos coa Xunta. Non sendo obligación destas devolver os fondos públicos percibidos en caso de incumprimento dos protocolos específicos antiLGTBfobia (que por certo, non existen).
Hai que engadir tamén que non se fala dos Convenios Colectivos, do Diálogo Social e de cuestións expresas que incumban a patronal.

13. Négase o compromiso institucional no direito a adoptar:

En numerosos estados se nega as persoas LGTBI o direito a adopción (China, Rusia, etc.) o que cronifica os tempos en ducias de listas de espera, incrementa as frustracións das familias homoparentais e nega o direito das persoas LGTBI a crear familias. Diste xeito, o estado español, e en concreto a Xunta da Galiza, lávanse as mans (non incoroporan esta realidade nos convenios internacionais, non fan mediación, etc.) con esta cuestión quitándolle a carga das infraccións cometidas por cuestións de discriminación neste ámbito.

14. Atención a Familias e Mediación LGTBI:

A institución pública non se compromete a implementar accións e programas específicos orientados as familias, algo que é consustancial a erradicación da LGTBfobia no ámbito familiar e comunitario. Ademais o feito de eludir a Mediadión específica LGTBI deixa a iste coletivo en mans equipos de Mediación Familiar que ainda non están preparados e formados nesta cuestión.

15. Formacións específicas nas titulacións universitarias e transfobia da OMS:

A Consellería de Educación non estará obligada a conveniar coas universidades públicas galegas a inclusión da realidade LGTBI nos grados de medicina, enfermería, traballo social e psicoloxía. Diste xeito, no tocante a formación universitaria séguense a perpetuar os dogmas transfóbicos da OMS (DSM-IV e CIE-10). Non se fomenta o estudio crítico nen canles de comunicación entre o ámbito sanitario, formativo e comunitario.

16. Transexualidade:

En consonancia co punto anterior, e as transfobias estructurais existentes, a Xunta recoñece "a atención sanitaria, segundo a necesidade e o criterio clínico" (falta de enfoque biopsicosocial. Elimínase o direto "a creación dunha unidade sanitaria de referencia para a consulta, atención e tratamento das prácticas e as terapias relacionadas coa transexualidade". Non se diseñan servizos pra atender as necesidades e os direitos humanos, se non que se desdibuxa a atención integral do colectivo trans.

17. Atención integral dos direitos sexuais e reproductivos das mulleres:

Na actual redacción diste epígrafe elimináronse os conceptos de "muleres lesbianas e bisexuais". Isto non é cuestión menor, o que non se nombra específicamente non existe. No ámbito da lexislación estatal négase o direito a maternidade das mulleres lésbicas, bisexuais e solteiras, e decir, todo vai en consonancia entre Madrid e Compostela.
Ademais non se ten en conta a formación específica do persoal de xinecoloxía e obstetricia; moitos xinecólogos/as descoñecen a masturbación feminina, as ITS específicas, as sexualidades lésbicas e bisexuais, os corpos e vivencias das mulleres trans e dos homes trans non operados.

18. Bullying escolar e realidade docente nas escolas e institutos:

É clave que non se recollan as datas do 17M (Día Internacional contra á LGTBfobia) e do 28J (Día Internacional da Liberación LGTBI). Relégase a sensibilización LGTBI a un segunda plano e fora do curriculum formal. Non se apoia ao persoal docente LGTBI na súa desarmarización e tampouco se incentiva a participación do profesorado heterosexual comprometido coa diversidade afectivo-sexual.

19. Non se creará un Centro de Documentación de referencia:

No ámbito da documentación, arquivo e creación de unidades específicas documentais, non se ten en conta a creación independente dun Centro de Documentación sobre as realidades e culturas LGTBI. Se non que a proposta recollida finalmente é "favorecer a creación dunha sección específica na Biblioteca de Galicia".

20. Falta de apoio a cultura LGTBI e a difusión das expresións artísticas:

A Conselleria de Cultura non se compromete a financiar a producción e difusión da cultura LGTBI, ao mesmo xeito que exclúe a posibilidade de orzamentos específicos ou liñas de actuación a tal efecto.

21. Memoria histórica LGTBI:

A Xunta desenténdese da laboura institucional de artellar un espazo democrático e participativo pra investigar, recuperar e dignificar a memoria e as vivencias das nosas activistas e referentes LGTBI. Tampouco recolle a necesidade de faguer un lugar específico e pedagóxico dentro do Museo do Pobo Galego, o que deixa clara a intencionalidade de invisibilizar na historia e na cultura a obra LGTBI.

22. A realidade LGTBI nos medios de comunicación:

A Xunta non se fai responsable do tratamento igualitario nos medios de comunicación, xa que ainda que fai unha declaración de intencións positiva a tal efecto, obvianse os protocolos e a creación dun código deontolóxico. Ademáis, como xa vimos noutros puntos, négase a participación democrática das asociacións e colectivos LGTBI.
A lei non inclúe a elaboración dunha memoria anual sobre o tratamento mediático da realidade LGTBI, como si o fai a proposta de lei.

23. Responsabilidade civil:

Coa idea falaz de que o réxime sancionador é competencia estatal, lávanse as mans nas cuestións máis relevantes e cruciais desta lei, que serían: a gradación de leve a máis grave das infraccións, as cuantías e os organismos competentes na implementación desta parte do articulado.
Esta parte é a máis importante, xa que baleira de contido o resto do documento e o deixa sen unha base práctica que a faga útil e eficaz contra a LGTBfobia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario