tag:blogger.com,1999:blog-2681326960056851112024-03-14T07:43:40.721-07:00As LurpiasUnha bitácora e banco de recursos transfeminista, ecoloxista, precario, mestizo e soberanista galegoAnonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.comBlogger18125tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-52539507320373586952016-01-15T05:22:00.002-08:002016-01-15T05:22:56.565-08:00"Un 2015 para liberar os nosos corpos e os nosos territorios de agresións e imposicións", de Ximena González
Do Quebec a Filipinas, de Macedonia a Paraguay e de Moçambique a Galiza, feministas de todo o planeta preparan a IV acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres que atravesará en 2015 o planeta en defensa dos nosos corpos e os nosos territorios.
Serán diversas caravanas as que percorrerán os cinco continentes na procura de reforzar e ampliar as alianzas entre mulleres para combater a violencia e defender o noso dereito a vivir unha vida digna en liberdade.
A historia comeza en Brasil, no 9º Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres organizado en Sao Paulo, no que mulleres dos cinco continentes e de máis de 40 países comezaron o debate sobre os eixos de traballo para a IV acción internacional da marcha logo de reclamar o fin da violencia e a feminización da pobreza -na I acción-, elaborar unha carta das mulleres para a humanidade sobre a vida e o mundo que queremos -na II acción- e traballar pola paz e desmilitarización dos conflitos reclamando a participación das mulleres nos procesos de paz e o fin da violación como arma de guerra -na III acción-.
Así naceron as caravanas que en 2015 percorrerán o planeta co obxetivo de tecer redes de resistencia cos diversos movementos de base, recoller experiencias de loitas locais e enlazar as diversas loitas e resistencias dos diferentes pobos a través da sororiedade e da acción colectiva.
En Europa o grupo de mozas de dentro e fóra da Marcha Mundial das Mulleres que forman a rede europea de mozas feministas traballan actualmente para organizar as accións que terán lugar en diversos países durante os 8 meses que dure unha caravana que arrancará en Londres o 8 de marzo de 2015 e rematará en Coimbra, Portugal.
As compañeiras que xa traballan dende 2013 na caravana imaxinan a viaxe como unha serie de encontros en cada punto de paso con colectivos locais que partillen a aposta feminista de loita contra as agresións e as imposicións tanto sobre os nosos corpos como contra os nosos territorios.
As coordenadoras nacionais da Marcha Mundial das Mulleres de Catalunya, Euskalherria, Galiza e Portugal traballan conxuntamente para organizar o tramo final da caravana que percorrerá europa e chegará a Coimbra para realizar alí o acto de peche da acción internacional, co obxetivo de reforzar os lazos entre os nosos territorios e a confluencia e reforzo das nosas loitas locais como feministas en cada un deles.
En Galiza as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres queremos facer un chamamento a todas as mulleres, feministas e organizacións de base a un proceso de confluencia, diálogo, reflexión e debate para prepararmos esta acción internacional no noso país, coñecendo e partillando experiencias de resistencia e loitas feministas e traballando para sumalas a todas aquelas que, en todos os rincóns de europa e do mundo, contribúen a combater a violencia que sufrimos.
Agora toca tecer redes a nivel local e internacional para facer posíbel esta acción, para que podamos conectar a mulleres e feministas de diferentes contextos e realidades que combaten e resisten fronte ao patriarcado e o capitalismo e podamos aprender de cada unha desas loitas, coñecelas, impulsalas e trasladalas a todos os rincóns do planeta.
Comezamos este traballo que queremos sexa colectivo e ao que vos convidamos a sumarvos dende a diversidade do movemento feminista galego para contribuír dende diferentes proxectos e espazos a que sexa cada día máis forte.
As mulleres seguimos en marcha ata que todas, en todas partes, sexamos libres.
Máis información nacional@feminismo.info
Activista da Marcha Mundial das Mulleres
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-59424260819186392932016-01-15T05:20:00.000-08:002016-01-15T05:20:05.818-08:00"Entornos rurais e diásporas afectivo-sexuais", de Ángel Amaro
Nas aldeas, vilas e parroquias da Galiza hai -proporcionalmente- tantas persoas LGTBIQ como nas cidades. A diversidade afectiva, amatoria, sexual e de xénero espállase por tódolos recunchos dos núcleos poboacionais, dende o máis pequeno até o máis urbanizado. Unha realidade obvia e humana que a cotío se estampa contra o muro da transmaribibollofobia, o binarismo “aldea/cidade” e o cosmpolitismo capitalista.
Por unha banda, o patriarcado LGTBIQfóbico empurra -directa ou indirectamente- a moitas persoas LGTBIQ ao exilio sexual ou a dispersión afectiva, o que se ven denominando diáspora afectivo-sexual. Un tránsito persoal que xeralmente é un desprazamento real a áreas suburbanas ou cidades doutro estado. Noutras veces non implica un tránsito xeográfico, mais sí un desarraigo interior, unha rearmarización insitu, unha diáspora interna que habita nas fronteiras de aldeas e vilas (dobles vidas, identidades fragmentadas e precarias, dobles e triples procesos de vulnerabilidade, etc.)
Por outra banda, o cosmpolitismo capitalista (estilo urbanita e cultura de masas) ven a dizer que é incompatíbel ser LGTBIQ e vivir nunha vila. Un argumento moi simplista pero moi útil -incluso- para o capitalismo rosa. Estigmatizan o cotián rural porque interesa achegar moitas/os “clientes//novos residentes LGTBI” potenciais aos grandes núcleos urbáns: “libérate por la obra y gracia de Chueca. No te amargues en la aldea y ven a comprar, de fiesta, etc.”
Como a finalidade é estandarizar as identidades, comercializar con elas e non mudar a realidade das aldeas e vilas... baleirar os entornos rurais da súa diversidade afectivo-sexual é un obxetivo compartido por moitos intereses ubicados en posicionamentos antagónicos.
Ao patriarcado LGTBIQfóbico e ao capitalismo rosa interésalles seguir neste status quo no que nada muda nos entornos rurais. En definitiva, continuar afondando na sangría do éxodo rural LGTBIQ: “que no incordien en las aldeas y vayan a casarse a las ciudades”. O proceso da construcción de estratexias identitarias cada vez é máis individualista e neoliberal, aléxase por tanto de valores comunitarios e de apoio mutuo, o que carga de responsabilidade e revictimización a persoa LGTBI. Isto nos entornos rurais vívese con grande drama e dobles procesos, como consecuencia da ruptura de lazos da solidariedade LGTBIQ, o descoñecemento e a proliferación de mitos e lendas sobre as ruralidades. O que se ven a dizer é: “tienes que dejar la aldea para ser feliz. Emigra y empieza una nueva vida”. Dende as urbes -en plan barricada- lanzan proclamas de auto-axuda e recetarios paternalistas pra que as persoas LGBTIQ se marchen (condición indispensábel e única): “si te quedas, luego no te quejes de la LGTBIQfobia que padeces”. Mentres tanto... o peso do esquecemento recae sobre as persoas que resisten e loitan por transformar a súa vila: silénciase o seu estilo de vida particular, négase a súa existencia dentro da diversidade afectivo-sexual e estigmatízase un cotián alleo do cosmpolitismo e valores dos mass media.
Se queremos contar con aldeas e vilas libres de LGTBIQfobia deberase seguir sumando na loita contra o odio patriarcal, a cosificación identitaria, o cosmopolitismo urbanita e a cultura de masas. Todas elas responsables de acotar a diversidade afectivo-sexual aos núcleos das grandes cidades.
Ángel Amaro: Sociólogo feminista e cuir. Colabora cos xornais Galicia Confidencial e Praza Pública. Tamén fixo colaboracións puntuais con Sermos, Diagonal e Contrapoder.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-398894102063570392016-01-15T05:14:00.002-08:002016-01-15T05:14:49.162-08:00"Infiltrou-se-me o absurdo no sorriso", de Carmen Momo
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-5612488166780222862016-01-15T05:10:00.000-08:002016-01-15T05:10:49.280-08:00"Traballo doméstico: explotación de xénero e de clase", de David Núñez
Na súa critica ao capitalismo, o marxismo clásico ten centrado a súa atención na mercadoría como eixo central da produción capitalista e en como a partir da produción destas mercadorías xerase a explotación do traballo asalariado mediante a extracción de plusvalía.
Ao operar deste xeito lográronse certamente conclusións teóricas notables: a lei do valor-traballo, a lei do plusvalor, a tendencia decrecente da taxa de lucro, etc. Pero tamén supuxo ignorar de forma sistemática o importante papel xogado polo traballo doméstico non asalariado das mulleres na reproducción do capital.
Nas súas análises Marx partía da idea de que o valor da forza de traballo, ao igual que o de calquera outra mercadoría, viña determinada polo tempo de traballo necesario para a súa reprodución, o que, segundo el, viña representado íntegramente polo soldo percibido polo traballador masculino. É dicir, baixo esta visión as mercadorías adquiridas grazas a dito salario (pago da vivenda, luz, auga, comida, vestimenta, etc) eran suficientes para repoñer a enerxía gastada polo traballador masculino durante a xornada de traballo e asegurar asi mesmo a perpetuación da clase obreira a través da seguinte xeración. Ignorase así que para o mantemento do traballador e da súa familia non basta en absoluto coa adquisición e consumo das mercadorías mencionadas, é necesario levar a cabo toda unha serie de labores de coidado e mantemento do fogar que foron históricamente asumidas pola clase obreira femenina de forma completamente gratuíta, fora dos circuitos de produción mercantil. Se a realización do traballo reprodutivo levado adiante polas mulleres non fora gratuíto o capitalista debería aumentar os salarios para cubrir estes gastos imprescindibles para o conxunto da familia traballadora.
Podería pensarse que a cuestión da explotación de xénero ligada ao traballo doméstico quedou eliminada coa incorporación da muller ao mundo do traballo asalariado. Nada máis lonxe da realidade. No Estado español, mentres a muller adica unha media de 1 h 53 min ao traballo de mercado e 4h 4 min ao traballo doméstico os homes gastan 3h 3 min e 1 h 50 min respectivamente en ambos traballos. É dicir, que a incorporación da muller ao mundo laboral asalariado non só non supuxo unha maior equidade no reparto de ambos traballos, pois elas seguen cargando co dobre de traballo no fogar, senón que ademais implica que agora as mulleres teñen unha carga de traballo total superior ao do sexo masculino (5h 57min fronte a 4h 53 min).
A erradicación da división sexual do traballo non só debe pasar por unha equidade no reparto do traballo doméstico, senón tamén pola socialización deste. A loita por dita socialización ten unha compoñente dobremente revolucionaria. Por unha banda, o traballo reprodutivo considerado como algo “natural” do sexo feminino, e polo tanto como algo que pode e debe ser realizado de forma gratuíta, pasa a convertirse nun traballo remunerado máis, igualándose ao resto de labores clásicamente ligadas á produción de mercadorías quebrandose así o que constitue un dos piares fundamentais da ideoloxía patriarcal. Por outra banda, ten ademais unha compoñente anticapitalista na medida en que se destruén as ganancias extraordinarias derivadas da explotación de xénero.
Membro da Liga Estudantil Galega e militante de Isca!
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-47137957155325141892015-02-07T13:51:00.001-08:002015-02-07T13:51:36.774-08:00"Cor violeta nas nosas mentes", de Noelia Gómez
“Non se nace muller, chégase a selo” Simone de Beauvoir foi unha grande feminista do século XX, con frases como esta reivindicou a figura da muller na sociedade. Rosalía de Castro é unha das grandes figuras literarias que loitou polos dereitos da muller “ xa dende a cuna era consciente do mundo de escravitude que me esperaba” Virginia Bolten fixo calar con esta cita: “Nin Deus, nin Patrón, nin Marido”.
Dende tempos inmemorábeis loitamos por un recoñecemento físico, psíquico e laboral. Xudiron diversos feminismos ao longo da historia cuxo obxetivo era un: IGUALDADE. O mundo dou un xiro, a muller logrou o dereito aos estudos superiores, e vaia, díganme a porcentaxe de homes e mulleres que hai hoxe nas facultades? Agora pretenden que retomemos aos anos 60, pretende volver a elexir sobre o noso día a día. O noso corpo, a nosa vida. Quizáis deberían reflexionar un intre, e poñerse na situación dunha muller que NON quere ser nai, onde queda entón a LIBERDADE? principio básico do ser humano. Logo apareceran casos de corrupcción, cando teñamos que ir a Holanda, por exemplo, para poder abortar.
Falamos de progreso, de que a muller é igual ao varón. Falamos de superioridade, de intelixencia e de poder. Habitamos nunha sociedade na que nos publicitan pastillas para adelgazar. A novidade. Veneno que mata o corpo da muller. Qué é o que pretenden? Que sexamos paos e maniquís de zara? Pastillas que reducen o apetito, acaso alimentarse non é básico para a vida? O deporte é saúde, é unha boa opción, non pastillas que nos van matando. Cantas enfermedades causan esas pastillas? ainda fai nada se descubriu unha nova doenza causada por elas, que produce a morte. Deixemos de xogar, deixemos de ser bonecas publicitarias. Abramos os ollos. Absurdos anuncios que califican o “ pelo” como masculino e non” feminino”, por deus, tod@s somos persoas. Remato esta reflexión cun fragmento da miña colleita.
Un eu de mirada infantil debuxando anacos de vidas estragadas.
Reconstruíndo vivencias alleas en trozos de papel, un comezo doce.
Un eu de mirada perdida buscando o porqué de que a avoa fixese a comida e
o avo non.
Un inocente eu mancado pola nostalxia dun tren perdido,
un autoensino cargado de durezas.
Un eu impulsivo ante a confesión dos golpes da miña amiga.
Un eu odiando a existencia.
Un eu que aprendeu de Doris Lessing, de Simone de Beauvoir, de Camille Paglia, Betty Friedan, Judith Butler, Alice Walke, Clara Campoamor, Yolanda Castaño, e como non, a miña querida Rosalía de Castro…
unha Noelia en pe disposta a loitar por aquelo que tanto nos pertence. Érgome para aplaudir ás mulleres revolucionarias que se atreveron a dicir “ alto”.
Un eu adulto que ten claro que se namora das persoas, non dos sexos.
Un ceo azul para ti, quen levas tempos inmemorábeis aturando a raza masculina.
Loitando por un nome tan grande como a túa intelixencia.
Nai, avoa, policía, profa, periodista, sarxenta, escritora…
pero sobre todo muller.
Cor violeta nas nosas mentes!
Noelia Gómez Dende as terras
rianxeiras loito porque a palabra igualdade deixe der ser un simple
sustantivo e se convirta en verba real. O meu nome é Noelia Gómez Calvo,
teño dezanove anos e son estudante de xornalismo na USC. O calificado
como segundo sexo debe reinventarse na sociedade. Debemos construir un
futuro violeta, xa que os sexos serán dous, pero o mundo é un.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-82195315165750250202015-02-07T13:45:00.002-08:002015-02-07T13:45:34.668-08:00"Bosquexo violeta", de Noelia GómezSumerxida nunha ocasional travesía utópica
observo o labirinto vital que olleo dende a fiestra.
Baladas improvisadas de grans de area danzando ao son dun porqué violeta.
Senos espidos que identifican un corpo lúcido,
alimentado de poesía inédita nun fondo océano cultivado de
arcaicas tentacións de loita.
Coétaneo apetito revolucionario tentador de esperanzas.
Esquecer un pasado dominado pola polla.
Abrir as ventás desa fiestra caducada xa polo presente metafórico do progreso.
O entendemento vivo e esperto do segundo sexo.
Unha heroína que habitou nun conta contos con fin truncado.
Ollar violeta que marca a diferencia dun novo habitat no que
a muller
vai medrando na intelixencia moldeable do saber.
Noelia Gómez Dende as terras
rianxeiras loito porque a palabra igualdade deixe der ser un simple
sustantivo e se convirta en verba real. O meu nome é Noelia Gómez Calvo,
teño dezanove anos e son estudante de xornalismo na USC. O calificado
como segundo sexo debe reinventarse na sociedade. Debemos construir un
futuro violeta, xa que os sexos serán dous, pero o mundo é un.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-55014737674181157182015-02-07T13:42:00.001-08:002015-02-07T13:42:11.428-08:00"Metamorfose", de Noelia Gómez Raquítica boneca de porcelana
Óllasme sen querer dende a túa burbulla tintada de melancolía.
Pequena boneca de plástico,
indomable e escrava do teu propio reflexo.
Os teus pasos son sombras naquela Longa Noite de Pedra.
Qué pensaría a filla adoptiva de Rianxo, Rosalía de Castro, se che vira tremer ante un espello?
Máncasme nas costelas, alí,
na túa visibilidade corporal que revela o teu estado enfermizo
dun querer ser invisible.
Unha loita interminábel contigo mesma.
Sofres diante da camuflada Cibeles habitada por corpos de muller domados pola sociedade machista na que convivimos.
Farrapos de pernas,
osos
e máis tetas
que tremen
por non coller nunha 34.
Mancas as miñas verbas, cativa.
As túas bágoas enfronte da vida asemellan rendemento.
Soidade.
Metamorfose deste enigmático subsistir.
Noelia Gómez Dende as terras rianxeiras loito porque a palabra igualdade deixe der ser un simple sustantivo e se convirta en verba real. O meu nome é Noelia Gómez Calvo, teño dezanove anos e son estudante de xornalismo na USC. O calificado como segundo sexo debe reinventarse na sociedade. Debemos construir un futuro violeta, xa que os sexos serán dous, pero o mundo é un.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-53741695183570129192015-02-07T13:37:00.000-08:002015-02-07T13:37:30.385-08:00"A condición sexual", de Xacobe García
Levo unhas semanas falando e tentando indagar na rede sobre un concepto difícil de abordar. O tema é a denominada cultura Gay ou cultura LGTBI. Este concepto é aplicado a aquelas temáticas, gustos ou preferencias dun colectivo concreto mais ao meu ver caemos nun erro ao tentar de adscribir baixo a denominación de cultura a algo que transcende realmente a calquera cultura.
A condición sexual é un tema transversal que abrangue calquera cultura ou subcultura urbana e non podemos circunscribila a uns comportamentos concretos. Se nos damos un baño de historia, podemos ver como dende os comezos das distintas civilizacións se trata este tema. Dende promulgacións de leis que o restrinxen ou que o condenan ata a mitoloxía exipcia que o engloba na explicación da deshonra dun dos seus deuses. Mais podemos dicir que o concepto xorde, como todo o movemento de liberación do colectivo, nos 70 coa revolución de Stonewall.
É a primeira vez que o colectivo se enfronta ao poder para facerse ver como tal colectivo. Onde na intentona de desaloxar un bar de ambiente os ali congregados néganse a facelo. Ata aquí todo normal, o problema ben cando tentamos elevar unha condición a categoría de cultura, mais aínda, cando nos movemos na liña tan fráxil de tentar normalizar a existencia do colectivo LGTBI contraposta a necesidade de reivindicación política e o activismo para visualizar o colectivo e facermos desta unha loita antisistema.
Se ben pode ser certo que existe unha parte do colectivo que que comparte iconas ou gustos concretos e incluso un estilo propio, hoxe por sorte, o colectivo é do mais ecléctico e abrangue todas as subculturas existentes.
Se nos elevamos como colectivo a categoría de cultura estamos circunscribíndonos a unha filosofía a unha maneira de pensar e inclusive a uns hábitos de consumo. Caer nisto racha coas necesidades expostas no paragrafo anterior pois non podemos normalizar algo nunha sociedade se cremos estar por riba da súa cultura ou ser unha cultura distinta. Ao que nos leva a defensa desta cultura é a que a dia de hoxe o sistema teña aceptada a existencia do colectivo que se engloba baixo esta denominación. Así, podemos ver como só se acepta baixo os parámetros da cultura gay dous tipos de homosexuais: a poder ser homes brancos, cun poder adquisitivo grande, normalmente solteiros; ou con parella estable pero nunca nun amor romántico; contraposta a figura do gay, tamén home, baixo a denominación de “loca” e con actitudes promiscuas. Esta claro que o sistema teno ben estudado, facendo todo unha campaña mediático-comercial dirixida a este colectivo.
O problema real ven cando morre a reivindicación do colectivo, concretamente no estado español coa consecución do matrimonio, desaparece a aspiración a conquerir calquera outro dereito parece que ao chegarmos a diluírnos nas formas estándares comerciais que o heteropatriarcado nos posibilita xa está o traballo feito e continuamos na actitude de manifestarnos como cultura ao marxe da sociedade na que habitamos. Se ben procuramos a normalidade, non podemos homoxeneizarnos. Cabe a posibilidade de que a miña tese sea froito do análise dende uns parámetros de esquerda con intención transformadora, mais non é iso o que se procura con todo movemento social oprimido?
Nos vivimos en Galiza, co cal pertencemos a cultura galega e como tal temos pensamento e filosofía de galegos. a marxe disto somos LGTBI condición concreta que se restrinxe a uns gustos sexuais. Se nos autoconvencemos de que precisamos espazos de confluencia propios illados da sociedade, de parámetros vitais distintos e denominamos aos nosos gustos propios da nosa condición caemos na aplicación de roles que non estamos dispostos a asumir. Pois se ben no seu momento as mulleres loitaron por rachar cos roles de xénero, desmontando o concepto de: “isto é cousa de homes isto e cousa de mulleres”; o movemento lgtbi non pode caer no mantemento para si deste tipo de roles pois no colectivo teñen cabida todo tipo de ideoloxías, pensamentos e gustos.
Temos lido na prensa e en webs oficiais como múltiples organizacións critican o mantemento nos eixos actuais dunha reivindicación ao redor do día do orgullo en Madrid que se converteu nun fenómeno puramente turístico mais que a actividade que estas organizacións realizan seguen indo nas coordenadas dun eixo X de visualización e un eixo y: posibilidades de que o sistema nos acepte. Agora ben, digo eu, que sentido ten isto? Que procuramos? A que horizonte imos con isto? O lóxico é sermos unha acción transformadora que posibilite non que a sociedade acepte ao colectivo se non que o tome como algo natural sen maior acritude.
Esta claro que para isto precisamos políticas de educación sexual no ensino e accións nas que podamos amosar que o ser homosexual so se circunscribe a persoa coa que te deitas e a que queiras, pois como persoas fan o mesmo que o resto da sociedade: traballan en tódolos campos, vai de festa en calquera ambiente, ten a ideoloxía política que lle peta e asume o rol vital que quere (nin mais feminino nin mais masculino).
E xa rematando existe acaso unha cultura heterosexual? E unha cultura da muller?
A condición sexual LGTBI ao igual que o feminismo e a lingua forma parte da superestrutura non é unha cultura en si mesa se non que debe pretender transformar as culturas nas que vive para poder acceder aos dereitos que temos como pertenza ao conxunto da humanidade.
Xacobe Castro Estudante de Bioloxía na USC. Participa dos Comités sendo representante destes no Consello de goberno da USC durante dous anos. Responsable de Galiza Nova no Ribeirol ademais de participar activamente na loita ecoloxista. Recentemente foi elixido Secretario Xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG) no seu XV Congreso.
Artigo aparecido no xornal dixital Terra e tempo, no 14/02/2014
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-29967345552183479342014-10-14T15:36:00.000-07:002014-10-14T15:36:08.301-07:00"Aminata ou a muller que subiu ao baobab", de Beatriz Guerra
Ollei a todas esas mulleres que acudiran á praza do mercado local.
Ollándome curiosamente, expectantes, para escoitar aquilo que tiña que dicir. No meu foro interno, pensaba que non viría tanta xente. Inconscientemente sabia que estaba a loitar por unha causa perdida onde se supuña que as miñas coetáneas non me apoiarían. Tremín de medo.
De súpeto, recoñecín á miña nai, entre a multitude de mulleres que a rodeaban . O seu sorriso que brillaba mais que o boubou cobizo que cubría a súa pel ébano, mais fermosa que a miña propia. E coma se a ocasión requiríseo, cubrira os seus brazos de pulseiras de coiro negro e prata vella. Colleita do brazo da miña avoa e as miñas catro irmás, saudándome, en primeira fila, como dicindo : “Animata, filla, agora non te botes atrás, imos, expón o que teñas que dicir, apoiámosche”
E falei. Falei das mulleres do meu país coa paixón e a rabia que saíron dos meus beizos. Lembrei cando, de pequena, cos libros de historia baixo os meus brazos, pensaba porque nós eramos pobres e o resto do mundo non o era, porque os que tiñan mais, non axudaban aos que tiñan menos, e porque nós as mulleres eramos as mais prexudicadas nesta repartición.
E o meu discurso deu a volta ao mundo: o 8 de Outubro de 1986: “O dereito da muller africana a ser dona da terra que produce”
O meu pai seguiría pensando para que ía servir iso de ser as donas da terra. Pero el xa sabia que eu era especial. Desde pequena deixaba a medio rematar as miñas tarefas no campo para achegarme ao baobab xigante onde, cada certo tempo, Ogotemmeli, o godón ancián narraba historias marabillosas que eu asumía como reais, sobre como “o mundo foi creado” “Ao principio só existía Deus (Amma). O todopoderoso aínda se atopaba dentro do “ovo do mundo”, nunha especie de movemento xiratorio continuo. O ovo deu a luz un minúsculo granito no seu centro; pero ao explotar este, a palabra de Deus desenrolouse. Nos restos do ovo, agora unha placenta cósmica, Amma concibiu os primeiros seres con alma, catro parellas de xemelgos. Pero uno dos xemelgos, Ogo, quería gobernar el mesmo. Cos ollos pechados arroxouse á nada, arrastrando consigo un anaco de placenta, que se converteu no planeta Terra. Antes de lanzarse ao baleiro roubou sementes divinas do ceo. Indignado pola súa desobediencia, Amma provocou unha seca nos campos da Terra nos que Ogo plantara as sementes, á vez que lle quitaba a voz. Despois transformouno nun ser cuadrúpedo: o raposo pálido. Tras aquela acción, Amma decidiu reordenar o universo: sacrificou a Nomo, o irmán xemelgo do raposo pálido. Un río de sangue derramouse no espazo exterior, provocando o nacemento da primeira estrela: Sirio, o embigo do mundo. Cando esta estrela e a súa lúa producen unha eclipse, o pobo dogón -de onde procedía o ancián-celebraba a festa Sigi, o clímax da vida da tribo”
Cando o ancián Ogotemmeli morreu, “unha bibloteca desapareceu, sen necesidade de que as chamas acaben co papel” as súas historias máxicas desvanecéronse. Nin sequera puideron ser substituídas por outras que Helene contaba na escola, nun inintelixible idioma, que me esforcei en comprender. Quería coñecer que ocorreu cos outros dous xemelgos de Ogotemmeli, pero Helene non coñecía aquela historia. Ante a miña desilusión, tentou contarme historias, para meu parecer, insípidas, porque non estaban acompañadas de brazos e pernas voadoras nin ritmos de tambores, pero historias que ao final chegaron a min a través de letras de papel, coa única diferenza que podía transportar esas historias ao baobab do pobo.
-Eses libros europeos, comeranche a cabeza- dicía a miña avoa cando lle recitaba de corrido a ela e as miñas irmás os contos europeos de Hélene. Uns trasgos que fabricaban zapatos pola noite, unha bruxa que se miraba nun espello querendo ser a mais bela, un coello que chega tarde á hora do té. A miña nai calaba, pero secretamente ría.
Ao meu pai non lle parecía ben que a súa filla fose á escola. Para el era unha perda de tempo. Mesmo cando me esforzaba en sacar boas notas e acceder a bolsas para seguir estudando. A miña nai seguía calando, pero traíame ás agachadas libros “Eses europeos que tanto che gustan”,dicíame, sacándoos de debaixo do seu vestido laranxa que imitaba os amenceres da nosa terra.
Os contos de papel de Helene remataron, pero chegaron esoutros que seguía devorando baixo o baobab. A miña nai deixábame enfrascada nas miñas letras, se lle axudaba polo día coas tarefas do campo. E empecei a observar centos de amenceres de mulleres nas terras, traballando, loitando e morrendo por algo que nunca lles pertencería. E deixei o meu cómodo asento do baobab para subirme a el e gritar.
E así fun coñecida no mundo: “A muller que subiu ao baobab e gritou polos dereitos das mulleres”
Beatriz Guerra (Castrofeito, O Pino 1977) . Teño publicado relatos na revista do Ateneo Ferrolá e na editorial Contos Estraños (Revista Volume V e Volume VI) Podedes seguirme no blogue: helenadebao.blogspot.com.es
A miña experiencia profesional vencellouse dende os meus inicios o eido social, onde a prioridade era a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres: non so no eido da violencia de xénero, senón na violencia económica e social. Supoño que estas experiencias influenciaron a miña escrita.
A nena protagonista de Aminata basease nunha historia dun muller real, Aminata Traoré, escritora e política, nada en Mali, que pasou a súa vida loitando polos dereitos das mulleres africanas.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-88593156231117976232014-10-10T06:28:00.001-07:002014-10-10T06:29:29.186-07:00"Luz Fandiño", de Charo López (e Xoana Pardo)
Charo Lopez
Estudei jornalismo na USC e fotografia na escola de arte Antonio Faílde. A necessidade de comunicar busca formato, letras, sons, cores. A imagem fixa e o texto conseguem ser as ferramentas -de maneira complementária ou independente- que me ajudam a interpretar e descrever umha realidade complexa. Criaçom e comunicaçom difuminam-se; reflexom e expressom som palancas. Para saltar. Ou caminhar, quando menos.
Máis información no seu blogue: http://charolopezfoto.blogspot.com.es/
Sobre a súa obra, ela diz:
Luz, passados os oitenta, ilumina com um olhar que guardou soles da Argentina, da França e sobre todo do céu cinzento de Compostela. Tem um armazém cheio de lembranças históricas que comparte fazendo do seu património cousa comúm. E tem vivos todos os sonhos do mundo. Luz rebelde. Luz lilás e vermelha. Luz alegre e azul. Amiga das ruas. Militante do futuro.
O texto que acompaña as fotografías son dunha entrevista de Xoana Pardo (estudante de xornalismo) a Luz Fandiño, que pódese atopar completa: http://compostimes.com/2014/01/luz-fandino-a-crise-e-un-xogo-fascista/
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-35041033180884974852014-10-09T14:44:00.000-07:002014-10-09T14:44:21.533-07:00"Quérote ceibe", de Luz Beloso e poema de Miguel Ángel Alonso
http://luzbeloso.blogspot.com.es/
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-85828817879455761492014-10-09T11:44:00.000-07:002014-10-09T11:48:37.276-07:00"Imprensa para mulheres - imprensa de mulheres: duas ideias brevíssimas", de Óscar Valadares
Grabado Circe, de Giovanni Benedetto Castiglione (1650)
Primeira ideia: não há colectivo social sem comunicação. Podem existir grupos de debate, até grupos mobilizados e mobilizadores, mas quem procure incidência social tem necessariamente de espalhar os seus debates ao conjunto. Tal tarefa não é possível sem comunicação, sem o que os partidos e as organizações clássicas do marxismo chamaram órgãos de expressão. Os feminismos e os colectivos LGBTI sabem disto e nos últimos anos têm posto em andamento um bom número de iniciativas comunicacionais polo mundo adiante — também na Galiza — combatendo por essa via a subalternidade dos seus próprios debates, amiúde injustamente submetidos e secundarizados em relação aos debates principais das organizações políticas e sociais em que a maioria dessas pessoas também militam. Mas não só. As novas publicações destes coletivos têm, de modo fundamental, a virtualidade de se opor à tradicional imprensa vocacionada para a mulher, subvertendo, pola base, o conceito mesmo de “imprensa para mulheres” e todo o que isso implica direta ou indiretamente.
É necessário notá-lo: a imprensa para mulheres não deixa de ser, em todo caso, imprensa capitalista. Tem por objetivo vender produtos, colocando-os na retina de públicos identificados como alvo. Não é casual que na “imprensa para mulheres” não se publicitem carros, mas cosméticos, como tampouco é por acaso que os exemplos de “mulheres de sucesso” sejam sempre umas poucas empresárias e as escassas mulheres que povoam conselhos de administração de grandes transnacionais, nem tampouco que a mensagem seja sempre “o que nós, mulheres, podemos fazer dentro do sistema machista” e nunca “os motivos polos que nós, mulheres, somos oprimidas polo sistema machista”.
Constatar esta situação, essa ocultação propositada da realidade, equivale, pois, a constatar que a propriedade dos meios de comunicação “para mulheres” reproduz neles exatamente os mesmos padrões ideológicos que lhe são caraterísticos, todavia com especial virulência. E ninguém duvida que os padrões ideológicos das oligarquias que possuem os meios de comunicação — também aqueles produzidos “para mulheres” — passam hoje, como ontem, pola conservação da sua superioridade de género, por manter vivo o processo de “cousificação” da mulher (sugerindo falsamente, de passada, que o processo de normalização da condição feminina e das sexualidades dissidentes está já efetivizado), e por continuar recluindo em guetos de segurança as alternativas LGBTI, visíveis o suficiente para evitar críticas, mas não demasiado.
Segunda ideia: além disso, essa constatação impõe também, por fim, a necessidade de se dés-disciplinar do tipo da imprensa que a reproduz, considerando que a condição da mulher nas sociedades capitalistas não tem nada a ver com uma definição biológica ou natural, mas com uma perspectiva histórica — legível do ponto de vista marxista — que exige às próprias mulheres, como sujeito histórico, a sua ativação e organização em chave política, arredor da ideia da sua própria emancipação. E exatamente o mesmo para os coletivos LGBTI, que só nos últimos anos começaram a assumir esta exigência de modo aberto e positivo.
A consequência prática deste novo papel é a modificação do paradigma de consumo de informação, fugindo da imprensa segmentada para mulheres e encetando o caminho da imprensa feita “por mulheres”, centrada na superação da sua condição subordinada. Evidentemente, um trabalho que não será feito sem dificuldade, a começar pola associação da comunicação militante com comunicação interessada, enquanto aos grandes meios se lhes reconhece seriedade e neutralidade; e a seguir pola ideia ainda geralizada de que essa imprensa militante, quando for opositora ao sistema, tem muito mais de exercício de histeria (sic) do que com a transcrição de debates de interesse para as maiorias sociais.
Por outras palavras, que a imprensa feminista, feita “por mulheres”, não está livre de cair na mesma subalternidade a que as oligarquias sempre quiseram reduzir o conjunto do movimento feminista. E que a única maneira de superar o ataque e desafiar frontalmente aquela imprensa que trata de simular uma normalização já efetivizada é o mesmo que hoje faz do feminismo e da militancia LGBTI um dos pólos de debate social mais ativos e interessantes da afirmação dissidente: compromisso, organização, combate.
Óscar Valadares Ocampo, militante comunista e soberanista no MGS e no BNG, é membro do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes e faz parte do conselho editor de Contrapoder.info.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-11172537627341626732014-10-09T06:31:00.000-07:002014-10-09T11:47:21.945-07:00"Envexa de clítoris", de Helena Capera
“As Bruxas Lancashire” de de William Harrison Ainsworth
Segundo o misóxino Sigmund Freud todas as mulleres padecemos envexa de pene, un trauma que nos posúe de nenas cando descubrimos os xenitais masculinos e recoñecemos o noso corpo incompleto, castrado.
O que parece un chiste malísimo é unha teoría que mutilou a sexualidade de moitas mulleres ao longo do século XX. O falocéntrico Freud e a súa tropa interpretaban as mulleres como seres opostos aos homes. Consideraban que os orgasmos provocados pola estimulación do clítoris eran infantís (por non precisaren o pene). E chegaron a ser tan ignorantes que obviaron non só que non envexamos as pirolas, senón que o noso clítoris é o único órgano do corpo humano dedicado, exclusivamente, a producir pracer.
O clítoris ten máis de 8.000 terminacións nerviosas, a maior concentración que existe nun único órgano. Supera a hipersensibilidade das puntas dos dedos, dos labios e da lingua. O clítoris é puro nervio: un tesouro máxico!
Moitas somos as mulleres que algunha vez soñamos cunha pirola propia (colgando entre as pernas) ou falamos sobre os xenitais masculinos. Utilizamos dildos con forma de falo e gozamos penetrando mentres fodemos. Pero iso é curiosidade e vicio. Non envexa.
Porque cando de nenas descubrimos o noso clítoris, un mundo novo e fantástico se abre diante de nós. Aprendemos a tocalo, agarimalo, beliscalo. Gozamos cunha lingua, uns dentes, un alento. Viaxamos mentres o capuchón se abre e o botón crece e se expande. Sentimos o centro do universo debaixo do noso embigo.
Tan poderoso é o noso clítoris que nalgunhas sociedade a mutilación deste órgano se utiliza como mecanismo de control dos corpos. Anulando o desexo e o pracer, anúlase a persoa. E eliminando a autonomía das mulleres, mantense a hexemonía dos que mandan.
Se Sigmund Freud tivese cona, quizais titulase algunha das súas obras ‘Sabia natureza’. E o que nomeou loucura, chamaríao multiorgasmo. Pero naceu e viviu coma un home e falou sobre as mulleres sen coñecelas nin respectalas. Morreu sen decatarse de que o sensato, en todo caso, é padecer envexa de clítoris.
Helena Capera Cullell é amante das letras, dos corpos e das linguas. Chegou ao Atlántico dende Mediterráneo hai seis anos e dende aquela medra e desaprende en galego. O concepto ‘neofalante’ non lle gusta. O queixo, encántalle.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-59024404799758105802014-10-08T13:27:00.002-07:002014-10-09T11:52:40.085-07:00"Virxinia", de A Nena
No Cruceiro de Cabeza de Vaca, dunha ocasión atoparon unha raposa. Entre laranxa e amarela, ferida e tan feble que, a pesar do medo, non puido fuxir dos nenos. O animaliño tiña un par de buracos de bala, un preto da orella, outro leváralle unha mamila. Os proxectís, pensaron todos, eran do Lois, pero quen lle dicía nada ó rapaz ou o seu pai. Se un era un mal fillo, o outro era peor home. Don Manuel que por aquel entón vivía so, dende que a tía marchara coidar dunha filla a Caracas, recolleuna e chamou o veterinario. Para que o queres? Mátaa. Díxolle como se o estivese avisando de algo.
Pero non fixo caso e, arrimouna o seu cuarto. Durmiu na súa alfombra mentres lle facía as curas e, lle daba as papas e o leite receitados polo Xoán. E logo de sandar seguiu alí, respirando no seu dormitorio, camiñando a carón, compartindo alimento. Ela con el, el con ela. As veces ela marchaba, pasaba uns días fóra e, na volta, traía algún coello ou galiña, que Don Manuel preparaba enfadado e agradecido.
Dunha delas, apareceu de novo xunto o Cruceiro, e tamén de novo cun par de buracos, un preto do nariz, outro no rabo. Chamou outra vez o doutor e repetiu os coidados segundo as indicacións. Non houbo mais sustos ate tres anos despois, en que despois de algo máis dun mes volveu aparecer da mesma maneira e no mesmo lugar.
Don Manuel estaba na reitoral regando os xeranios, mentres ambos durmían a sesta, fuxindo do lume dos dias de agosto ou buscándoo no inverno, diante da cociña de ferro.
Matou a femia, deixou o macho. Coidounos os dous e eles coidaron del. Don Manuel acertara, a súa Virxinia non marchou, sen embargo deixábase amar polo seu fillo até o incesto. Algo que non era do gosto relixioso do párroco, pero que admitiu coma unha penitencia.
Igual que aceptou afogar os fillos daquela pequena perversidade da Natureza, sen deixar un. Aproveitaba mentres ambos durmían a sesta, fuxindo do lume dos dias de agosto ou buscándoo no inverno, diante da cociña de ferro.
Dunha vez, sen embargo, o Lolo fillo, espertou e foino buscar. O ver o seu pai facer aquilo, arrabiou de tal maneira que lle cravou todos os dentes na gorxa. Don Manuel comezou a sangrar tanto que asustou ó animal e fuxíu. Virxinia baixou ó escoitar as voces e os gruñidos. Cando víu o seu compañeiro, achegouse a el asustada, lambeulle nas feridas e correu polo veterinario.
Don Manuel pasou días no dormitorio, Virxinia coidouno igual que a coidara a ela, e el durmíu tranquilo na alfombra, xunto a súa cama.
Podedes seguir A Nena no seu blogue: http://historiasdamanola.blogspot.com.es
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-77541228639439571052014-10-07T15:12:00.003-07:002014-10-09T11:51:57.713-07:00"Mulheres livres en povos livres", de Paula Rios (Mulheres Nacionalistas Galegas)
Grabado dunha muller colgada dun péndulo
Sustenta Simone de Beauvoir que o feminismo é uma forma de viver individualmente e de lutar coletivamente. Certamente, mas talvez esqueceu assinalar que o feminismo é também, uma forma de pensar, uma forma de perceber e interpretar a realidade. O feminismo é uma reflexão que toca a vida toda: a ecologia, a economia, as relações afetivas. Isso é o feminismo: um instrumento de reflexão para a vida.
As feministas somos pessoas que pensamos, dialogando e vivindo a necessidade de mudança desta sociedade tão injusta em muitos sentidos, injusta em sala de aula, injusta na divisão geográfica, injusta por racismo, mas a primeira das grandes injustiças do mundo é que 50% da humanidade foi tratada por centenas de anos como se tiver de ser tutelada. As mulheres não éramos totalmente adultas, não éramos totalmente humanas, não éramos totalmente iguais aos homens.
Essa injustiça é a que move o feminismo, porque eu como a maioria das mulheres no mundo somos vítimas desta situação de injustiça, e junto com outras mulheres não só me dei dado conta disso, também descobri que havia um espaço onde a minha rejeição, a minha reflexão, podiam se manifestar. O feminismo forneceu algo para as mulheres: ofereceu às outras mulheres para construir com elas algo diferente.
O feminismo requereu de vários séculos de existência para ser reconhecido como pensamento crítico. A resistência ao pensamento crítico gerado pelas mulheres tem entre as suas manifestações a negação, invisibilizaçom, ridicularização e até mesmo a destruição de toda a impressão sobre o assunto. A utilização da invisibilizaçom e a negação das mulheres silenciando-as e apagando as evidências da sua resistência, contribuiu para o seu desartelhamento como sujeito social e político, ou seja, como movimento e força social, enquanto que, sem referentes, as mulheres somos construídas historicamente como órfãs em nossa tradição sócio-política.
As mulheres na Galiza têm avançado nos últimos tempos, mas nunca nos foi dado nada. Os avanços conseguidos foram resultado das lutas do movimento feminista e as mulheres das MNG sabemos da importância do feminismo, da necessidade de continuarmos na luta pela destruição do sistema patriarcal e a construção de uma sociedade livre de exprotações e do compromisso com a luta da Galiza pola consecução da sua independência nacional.
O projeto de país e o projeto feminista
Os reptos que mantém o feminismo hoje podem ser extrapolados para o conjunto das forças políticas e das organizações e movimentos sociais em geral. Partimos de que a actual situação económica, política e social tem diferentes respostas organizadas a diferentes níveis, mas todas elas confluem -na teoria-, no desejo de construir uma sociedade mais justa e, também -na teoria-, na defesa dos direitos da Galiza.
Mas na hora de construirmos o futuro para a nossa nação, o feminismo coloca acima da mesa temas que podem entrar em litígio com as posições que não contemplam a luta contra o patriarcado como um vetor fundamental para que essa construção nacional se realizar sob prisma de equidade. Sabemos que uma ideia de país muito soberano e independente, não sempre coincide com ideias libertadoras e feministas.
As mulheres, e muito concretamente nossos úteros, foram utilizadas historicamente por diferentes ideologias e em circunstâncias também muito diferentes, para fazer da maternidade um meio para conseguir um fim político.Qualquer construção nacional que se pretenda de costas aos direitos das mulheres e fomentando valores patriarcais, merece enfrentamento por parte de feministas.
Construindo o futuro
Como afirma Carmen Castro*: «Este é tempo de construir uma nova realidade, na qual a identidade das mulheres como sujeitos políticos e econômicos não esteja a ser questionada nem tutelada. E é tempo de assumir que o direito de decidir de um povo ou comunidade como sujeito coletivo só pode ser construído a partir do direito de decidir das pessoas, de a cada uma delas. Isso necessariamente tem que incluir o direito de decidir das mulheres sobre suas vidas e sobre seus corpos. Dificilmente seremos capazes de construir esta nova realidade para nosso país se não é asumida a necessidade de despatriarcalizar a sociedade e acabar com os «paternalismos» resesos».
Do feminismo sabemos que falar de participação das mulheres nas instituições, nos partidos políticos, nas organizações sociais... não significa acabar com o patriarcado. Em palavras de Begonha Caamanho «Ser mulher não significa ser feminista. Ser vereadora, conselheira, ministra ou presidenta não quer dizer fazer políticas feministas, nem sequer é garantia de maior sensibilidade, honestidade ou justiça. Pensar isso seria volver a aquele feminismo romântico que pretendia que as mulheres éramos essencialmente boas; que a tenrura, a solidariedade e a generosidade eram características nitidamente femininas enquanto que a agressividade, concorrência e a violência eram masculinas. Podemos ser tão violentas, tão corruptas como o mais infame dos homens. Somos as principais vítimas do patriarcado, mas isso não nos converte em melhores. Não som os nossos genes nem os nossos genitais, é a nossa ideologia quem nos faz defender valores distintos aos patriarcais. É o feminismo que nos converte em insubmissas e revolucionárias».
Cumprem projetos nacionais que assumam os direitos das mulheres e recolham, das lutas feministas, todas aquelas alternativas que se elaboram para assegurá-los e defendê-los. Só desde a luta antipatriarcal e anticapitalista poderemos conseguir uma mudança radical desta sociedade e portanto é muito importante aprofundar nas formas de luta dos feminismos para construir uma Galiza realmente livre e não patriarcal.
*Carmen Castro García, Despatriarcalizar a sociedade para a soberanía plena (I) artigo publicado no site DeLiberadaMenteFeministas
Mulheres Nacionalistas Galegas é uma organização feminista que considera o feminismo como uma luta global de seu, que Galiza é uma nação que tem negados os seus direitos políticos e o capitalismo como um modo de produção contrário aos interesses das mulheres e da humanidade em geral. O feminismo que defendemos compõe-se desses espaços de luta que já abriram fendas na estrutura patriarcal. Não para pequenas transformações que não mudam o sistema, a nossa história de reivindicações é mais do que isso. Trabalhamos para que a sociedade não continue a reproduzir esta ordem estabelecida há milheiros de anos, num processo que se alimenta da nossa vida diária, com avanços, retrocessos, certezas e ilusão cara a uma sociedade nova baseada em novas e superadoras relações de género. Em MNG, desde Galiza, desde a rebeldia, as mulheres seguiremos DESAFIANDO O PATRIARCADO.
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-4955457552578060972014-07-04T07:18:00.001-07:002014-10-08T13:30:07.226-07:00#Fanzine25X Adiantos
Nesta entrada iremos subindo as actualizacións da nosa páxina do facebook sobre o #Fanzine25X, pra que podan ser gozadas tamén pola xentiña que non está na rede social.
A nosa primeira sorpresa é a editorial do fanzine:
desvelando, así mesmo, a pouquiños, algunhas das persoas que participan no fanzine
(aquelas das que temos algunha referencia online que non revele o
traballo que sairá, claro). Se non temos o voso blogue ou algunha
dirección e querédela facernosla chegar, enviádela por e-mail (comite.aslurpias.gz@gmail.com) ou por privado (via facebook).
Luz Beloso. Deixámosvos o booktráiler do libro
infantil O soño de Esther. Un libro que a nós encántanos, é que ademáis
está ilustrado pola primeira persoa que nos fixo chegar a súa
colaboración: http://vimeo.com/91217321
Beatriz Guerra é outra das colaboradoras,
gústanos moito a súa sutileza e dozura. Unha gran descuberta, a verdade.
Eiquí o seu blogue: http://helenadebao.blogspot.com.es/
A Nena. Coidamos que os relatos do seu blogue gustaránvos tanto como a nós. Poesía do cotián, unha ledicia.
Deixámosvos o seu blogue: http://historiasdamanola.blogspot.com.es/
Noelia Gómez, poesía e prosas íntimas, en pequenas dosis, como aloumiños.
O blogue: http://donadosilencio.blogspot.es/
Charo López, xornalista e fotógrafa. Un pracer
contar con ela prá publicación, xa que seguimola dende fai tempo e
encántanos o seu compromiso. E, ademáis, as súas fotografías teñen unha
forza que nos arrastran...
O seu blogue de fotografía: http://charolopezfoto.blogspot.com.es/
Partido Froilanista. Temos a honra de decir que o Partido
Froilanista tamén colabora na publicación, concretamente a súa Sezón da
Muller do Comité de Ortodoxia do Partido Froilanista. Deixámosvos o seu facebook Froilán Todos Los Santos
Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Non podían faltar elas, por suposto, as
mulleres da Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Se ainda non as tedes
como referencia, non esperedes máis. A súa páxina do facebok: https://www.facebook.com/LiladeLilith
Mulheres Nacionalistas Galegas tamén colaboran
na publicación. Grandes estas mulleres organizadas polo feminismo e
pola soberanía do noso país. O seu perfil no facebook: https://www.facebook.com/mulheresnacionalistasgalegas
E hai moitos e moitas máis. Temos xentiña que milita en organizacións e partidos políticos como a UMG ou Isca!, o Movemento Galego ao Socialismo, ou poetisas, activistas polos dereitos LGTBI, xornalistas, etc. Mais non temos as súas referencias web que non sexan perfiles personales, que lóxicamente non imos a dar.
O próximo adianto non chegará até o venres... estade atentas!
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-268132696005685111.post-86619337706156005132014-06-03T07:50:00.003-07:002014-10-08T13:30:32.686-07:00Decálogo pola soberanía galega en clave feminista
Foto de Laura Bugalho
A continuación amosamos ideas clave pra alimentar o debate sobre a emancipación social e nacional do pobo galego, dende un punto de vista feminista.
1.- Coordinación de forzas políticas en clave galega
No seo da sociedade galega teñen que construirse as bases materiais pra propiciar unha confluencia real en torno a un proxecto emancipatorio común. Niste proceso de empoderamiento popular e nacional, hai que facer unha autocrítica constante sobre a invisibilizacón dos colectivos minorizados no espazo público (machismo, LGTBfobia, disfobia, xenofobia, etc.), o papel dos coidados (dobles e triples cargas do traballo, cadena global de coidados, etc.) e a masculinidade hexemónica.
2.- Proceso constituinte
Dende a pedagoxía, o traballo de rúa e o asociacionismo, débense seguir dando pasos na proliferación de palestras e na acumulación de forzas político-sociais, pra constituirmos nun estado proprio, centrándonos tamén na participación interxeracional e intercultural. Desta forma evitamos o illamento das persoas maiores e migrantes, en especial das mulleres e outros colectivos minorizados.
3.- República Galega
A República Galega será feminista ou non será. Reivindicamos a politización dos nosos corpos, os nosos praceres e as nosas expresións estéticas, como eixo principal pra loitar contra as violencias heteropatriarcais. Na República da Galiza todas as identidades minorizadas deben estar chamadas a constituirse soberanamente en suxetos políticos activos, erradicando dobles e triples discriminacións. Diste xeito faguemos do matriotismo social a materialización da ferramenta feminista en clave galega.
4.- Soberanías
Reivindicamos a interdependencia mutua e recíproca de tódalas soberanías (económica, afectivo-sexual, cultural, ecolóxica, enerxética, alimentar...). Ou avanzan todas, ou non avanza ningunha. Temos que exercer as soberanías enerxética, ecolóxica e alimentar, como bases pra construción dunha economía local forte, o sosteñemeneto dunha vida digna e o futuro das biodiversidades.
5.- Municipalismo e comarcas
É necesario non esquecer a tradición democrática do parroquialismo, o movemento mancomunado e todo tipo de xuntanzas locais que xurden en torno a defensa do benestar, do territorio e da dignidade da poboación. Compre profundizar na visibilización que históricamente tiveron e teñen as mulleres na defensa das comarcas, a soberanía dos montes e o sosteñemento material da vida.
6.- Lingua
Temos que loitar pola visibilización de tódalas manifestacións que ten a lingua galega, pra non esquecer a responsabilidade que té o idioma na construción e sosteñemento da cultura e a política do país, e faguendo fincapé na linguaxe inclusiva. A lingua galega debe seguir profundizando no artellamento do espazo común que internacionalmente é a lusofonía, sempre tendo en conta as particularidades e xiros do galego nas súas diferentes expresións, e visibilizando as realidades históricamente estigmatizadas (gheada, seseo, etc.).
7.- Memoria histórica
A Memoria histórica dun país é o patrimonio inmaterial do pobo. A República da Galiza terá que ter sempre como máxima a loita contra a españolización, a amnesia obligatoria e o esquecemento das nosas mártires, exiliadas, dispersadas, etc., pra construirmos un espazo no que poder ollar sempre hacia ó frente, coa participación explícita das persoas agredidas polo heteropatriarcado, sempre presente a loita internacionalista contra ó feminicidio.
8.- Cultura popular e patrimonio
A participación activa das mulleres en tódalas expresións culturais e patrimoniais, será clave na construción e consolidación da cultura e do patrimonio do país, esí como unha regaleguización ampla en clave feminista. Promocionaranse os feminismos no seo duns medios de comunicación feministas, críticos e nacionalistas de esquerdas. A recuperación do patrimonio inmaterial do rural deberá ser un eixo prioritario, a República da Galiza deberá pór en valor a participación de tódalas persoas na cosmovisión labrega e mariñeira, sendo garante en todo momento dun laicismo real.
9.- Galiza Estremeira ou Franxa Leste
Estrecharanse lazos con tódalas comunidades galegofalantes que linden xeográficamente coa República da Galiza, faguendo especial fincapé na cooperación entre as mulleres e a creación de espazos comúns que faciliten a consolidación da galeguidade, sempre en situación de voluntariedade e de apoio recíproco.
10.-Diáspora nacional
Reivindicamos a Galiza Exterior como unha realidade sociopolítica particular. Non emigramos, expúlsannos. Baixo esta premisa política, reivindicamos a repolitización e participación, no seo da República da Galiza, de tódalas súas diásporas (peninsular, europeia e transatlántica). Hai que garantizar canles de decisión pra tódalas persoas emigradas, pór en valor as galeguidades, crear novos espazos de interlocución entre a Galiza Interior e a Galiza Exterior.
Por unha República Galega, Feminista e de Esquerdas!
Por unha República lurpia!
DÍA DA MATRIA: Xerando unha maré soberana
Buscamos xente con moitas ganas de contribuir
co seu coñecemento e o seu arte nunha publicación totalmente
autoxestionada, rebelde e precaria.
Se tés ideas pra escribir
un artigo, un microrrelato, un conto, un poema... ou ideas pra facer
un dibuxo, unha banda deseñada... ou calquera outra cousa, xa sexan
pasatempos, releituras de cancións populares... O que sexa con
temática feminista, cuir e do país...
Esta é a tua
publicación.
Escríbenos a:
comite.aslurpias.gz@gmail.com
Manda a tua proposta até o 25 de
xuño.
Aceitamos traballos
en galego normativo, reintegra ou português. As dúas únicas
condicións son que teñas ganas e que non ocupe máis dunha cara de
folio...
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/12464153615156716852noreply@blogger.com0