venres, 4 de xullo de 2014

#Fanzine25X Adiantos

Nesta entrada iremos subindo as actualizacións da nosa páxina do facebook sobre o #Fanzine25X, pra que podan ser gozadas tamén pola xentiña que non está na rede social.

A nosa primeira sorpresa é a editorial do fanzine:


Iremos desvelando, así mesmo, a pouquiños, algunhas das persoas que participan no fanzine (aquelas das que temos algunha referencia online que non revele o traballo que sairá, claro). Se non temos o voso blogue ou algunha dirección e querédela facernosla chegar, enviádela por e-mail (comite.aslurpias.gz@gmail.com) ou por privado (via facebook). 

Luz Beloso. Deixámosvos o booktráiler do libro infantil O soño de Esther. Un libro que a nós encántanos, é que ademáis está ilustrado pola primeira persoa que nos fixo chegar a súa colaboración: http://vimeo.com/91217321

Beatriz Guerra é outra das colaboradoras, gústanos moito a súa sutileza e dozura. Unha gran descuberta, a verdade. 
Eiquí o seu blogue: http://helenadebao.blogspot.com.es/

A Nena. Coidamos que os relatos do seu blogue gustaránvos tanto como a nós. Poesía do cotián, unha ledicia. 
Deixámosvos o seu blogue: http://historiasdamanola.blogspot.com.es/

Noelia Gómez, poesía e prosas íntimas, en pequenas dosis, como aloumiños.  
O blogue: http://donadosilencio.blogspot.es/

Charo López, xornalista e fotógrafa. Un pracer contar con ela prá publicación, xa que seguimola dende fai tempo e encántanos o seu compromiso. E, ademáis, as súas fotografías teñen unha forza que nos arrastran... 
O seu blogue de fotografía: http://charolopezfoto.blogspot.com.es/


Partido Froilanista. Temos a honra de decir que o Partido Froilanista tamén colabora na publicación, concretamente a súa Sezón da Muller do Comité de Ortodoxia do Partido Froilanista. Deixámosvos o seu facebook Froilán Todos Los Santos 

Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Non podían faltar elas, por suposto, as mulleres da Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Se ainda non as tedes como referencia, non esperedes máis. A súa páxina do facebok: https://www.facebook.com/LiladeLilith

Mulheres Nacionalistas Galegas tamén colaboran na publicación. Grandes estas mulleres organizadas polo feminismo e pola soberanía do noso país. O seu perfil no facebook: https://www.facebook.com/mulheresnacionalistasgalegas

E hai moitos e moitas máis. Temos xentiña que milita en organizacións e partidos políticos como a UMG ou Isca!, o Movemento Galego ao Socialismo, ou poetisas, activistas polos dereitos LGTBI, xornalistas, etc. Mais non temos as súas referencias web que non sexan perfiles personales, que lóxicamente non imos a dar. 

O próximo adianto non chegará até o venres... estade atentas!