observo o labirinto vital que olleo dende a fiestra.
Baladas improvisadas de grans de area danzando ao son dun porqué violeta.
Senos espidos que identifican un corpo lúcido,
alimentado de poesía inédita nun fondo océano cultivado de
arcaicas tentacións de loita.
Coétaneo apetito revolucionario tentador de esperanzas.
Esquecer un pasado dominado pola polla.
Abrir as ventás desa fiestra caducada xa polo presente metafórico do progreso.
O entendemento vivo e esperto do segundo sexo.
Unha heroína que habitou nun conta contos con fin truncado.
Ollar violeta que marca a diferencia dun novo habitat no que
a muller
vai medrando na intelixencia moldeable do saber.
Noelia Gómez Dende as terras
rianxeiras loito porque a palabra igualdade deixe der ser un simple
sustantivo e se convirta en verba real. O meu nome é Noelia Gómez Calvo,
teño dezanove anos e son estudante de xornalismo na USC. O calificado
como segundo sexo debe reinventarse na sociedade. Debemos construir un
futuro violeta, xa que os sexos serán dous, pero o mundo é un.
Ningún comentario:
Publicar un comentario