sábado, 7 de febreiro de 2015

"A condición sexual", de Xacobe García

Levo unhas semanas falando e tentando indagar na rede sobre un concepto difícil de abordar. O tema é a denominada cultura Gay ou cultura LGTBI. Este concepto é aplicado a aquelas temáticas, gustos ou preferencias dun colectivo concreto mais ao meu ver caemos nun erro ao tentar de adscribir baixo a denominación de cultura a algo que transcende realmente a calquera cultura.

A condición sexual é un tema transversal que abrangue calquera cultura ou subcultura urbana e non podemos circunscribila a uns comportamentos concretos. Se nos damos un baño de historia, podemos ver como dende os comezos das distintas civilizacións se trata este tema. Dende promulgacións de leis que o restrinxen ou que o condenan ata a mitoloxía exipcia que o engloba na explicación da deshonra dun dos seus deuses. Mais podemos dicir que o concepto xorde, como todo o movemento de liberación do colectivo, nos 70 coa revolución de Stonewall.

É a primeira vez que o colectivo se enfronta ao poder para facerse ver como tal colectivo. Onde na intentona de desaloxar un bar de ambiente os ali congregados néganse a facelo. Ata aquí todo normal, o problema ben cando tentamos elevar unha condición a categoría de cultura, mais aínda, cando nos movemos na liña tan fráxil de tentar normalizar a existencia do colectivo LGTBI contraposta a necesidade de reivindicación política e o activismo para visualizar o colectivo e facermos desta unha loita antisistema.

Se ben pode ser certo que existe unha parte do colectivo que que comparte iconas ou gustos concretos e incluso un estilo propio, hoxe por sorte, o colectivo é do mais ecléctico e abrangue todas as subculturas existentes.

Se nos elevamos como colectivo a categoría de cultura estamos circunscribíndonos a unha filosofía a unha maneira de pensar e inclusive a uns hábitos de consumo. Caer nisto racha coas necesidades expostas no paragrafo anterior pois non podemos normalizar algo nunha sociedade se cremos estar por riba da súa cultura ou ser unha cultura  distinta. Ao  que  nos leva a defensa  desta cultura é a que a dia de hoxe o sistema teña aceptada a existencia do colectivo que se engloba baixo esta denominación. Así, podemos ver como só se acepta baixo os parámetros da cultura gay dous   tipos de    homosexuais:  a poder  ser  homes brancos, cun poder adquisitivo grande, normalmente solteiros; ou con parella estable pero nunca nun amor romántico; contraposta a figura do gay, tamén home, baixo a denominación de “loca” e con actitudes promiscuas. Esta claro que o sistema teno ben estudado, facendo todo unha campaña mediático-comercial dirixida a este colectivo.

O problema real ven cando morre a reivindicación do colectivo, concretamente no estado español coa consecución do matrimonio, desaparece a aspiración a conquerir calquera outro dereito parece que ao chegarmos a diluírnos nas formas estándares comerciais que o heteropatriarcado nos posibilita xa está o traballo feito e continuamos na actitude de manifestarnos como cultura ao marxe da sociedade na que habitamos. Se ben procuramos a normalidade, non podemos homoxeneizarnos. Cabe a posibilidade de que a miña tese sea froito do análise dende uns parámetros de esquerda con intención transformadora, mais non é iso o que se procura con todo movemento social oprimido?

Nos vivimos en Galiza, co cal pertencemos a cultura galega e como tal temos pensamento e filosofía de galegos. a marxe disto somos LGTBI condición concreta que se restrinxe a uns gustos sexuais. Se nos autoconvencemos de que precisamos espazos de confluencia propios illados da sociedade, de parámetros vitais distintos e denominamos aos nosos gustos propios da nosa condición caemos na aplicación de roles que non estamos dispostos a asumir. Pois se ben no seu momento as mulleres loitaron por rachar cos roles de xénero, desmontando o concepto de: “isto é cousa de homes isto e cousa de mulleres”; o movemento lgtbi non pode caer no mantemento para si deste tipo de roles pois no colectivo teñen cabida todo tipo de ideoloxías, pensamentos e gustos.

Temos lido na prensa e en webs oficiais como múltiples organizacións critican o mantemento nos eixos actuais dunha reivindicación ao redor do día do orgullo en Madrid que se converteu nun fenómeno puramente turístico mais que a actividade que estas organizacións realizan seguen indo nas coordenadas dun eixo X de visualización e un eixo y: posibilidades de que o sistema nos acepte. Agora ben, digo eu, que sentido ten isto? Que procuramos? A que horizonte imos con isto? O lóxico é sermos unha acción transformadora que posibilite non que a sociedade acepte ao colectivo se non que o tome como algo natural sen maior acritude.

Esta  claro  que para  isto  precisamos  políticas  de educación sexual no ensino e accións nas que podamos amosar que o ser homosexual so se circunscribe a persoa coa que te deitas e a que queiras, pois como persoas fan o mesmo que o resto da sociedade: traballan en tódolos campos, vai de festa en calquera ambiente, ten a ideoloxía política que lle peta e asume o rol vital que quere (nin mais feminino nin mais masculino).

E xa rematando existe acaso unha cultura heterosexual? E unha cultura da muller?

A condición sexual LGTBI ao igual que o feminismo e a lingua forma parte da superestrutura non é unha cultura en si mesa se non que debe pretender transformar as culturas nas que vive para poder acceder aos dereitos que temos como pertenza ao conxunto da humanidade.

Xacobe Castro Estudante de Bioloxía na USC. Participa dos Comités sendo representante destes no Consello de goberno da USC durante dous anos. Responsable de Galiza Nova no Ribeirol ademais de participar activamente na loita ecoloxista. Recentemente foi elixido Secretario Xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG) no seu XV Congreso.

Artigo aparecido no xornal dixital Terra e tempo, no 14/02/2014

martes, 14 de outubro de 2014

"Aminata ou a muller que subiu ao baobab", de Beatriz Guerra

Ollei a todas esas mulleres que acudiran á praza do mercado local.

Ollándome curiosamente, expectantes, para escoitar aquilo que tiña que dicir. No meu foro interno, pensaba que non viría tanta xente. Inconscientemente sabia que estaba a loitar por unha causa perdida onde se supuña que as miñas coetáneas non me apoiarían. Tremín de medo.

De súpeto, recoñecín á miña nai, entre a multitude de mulleres que a rodeaban . O seu sorriso que brillaba mais que o boubou cobizo que cubría a súa pel ébano, mais fermosa que a miña propia. E coma se a ocasión requiríseo, cubrira os seus brazos de pulseiras de coiro negro e prata vella. Colleita do brazo da miña avoa e as miñas catro irmás, saudándome, en primeira fila, como dicindo : “Animata, filla, agora non te botes atrás, imos, expón o que teñas que dicir, apoiámosche”

E falei. Falei das mulleres do meu país coa paixón e a rabia que saíron dos meus beizos. Lembrei cando, de pequena, cos libros de historia baixo os meus brazos, pensaba porque nós eramos pobres e o resto do mundo non o era, porque os que tiñan mais, non axudaban aos que tiñan menos, e porque nós as mulleres eramos as mais prexudicadas nesta repartición.

E o meu discurso deu a volta ao mundo: o 8 de Outubro de 1986: “O dereito da muller africana a ser dona da terra que produce”

O meu pai seguiría pensando para que ía servir iso de ser as donas da terra. Pero el xa sabia que eu era especial. Desde pequena deixaba a medio rematar as miñas tarefas no campo para achegarme ao baobab xigante onde, cada certo tempo, Ogotemmeli, o godón ancián narraba historias marabillosas que eu asumía como reais, sobre como “o mundo foi creado” “Ao principio só existía Deus (Amma). O todopoderoso aínda se atopaba dentro do “ovo do mundo”, nunha especie de movemento xiratorio continuo. O ovo deu a luz un minúsculo granito no seu centro; pero ao explotar este, a palabra de Deus desenrolouse. Nos restos do ovo, agora unha placenta cósmica, Amma concibiu os primeiros seres con alma, catro parellas de xemelgos. Pero uno dos xemelgos, Ogo, quería gobernar el mesmo. Cos ollos pechados arroxouse á nada, arrastrando consigo un anaco de placenta, que se converteu no planeta Terra. Antes de lanzarse ao baleiro roubou sementes divinas do ceo. Indignado pola súa desobediencia, Amma provocou unha seca nos campos da Terra nos que Ogo plantara as sementes, á vez que lle quitaba a voz. Despois transformouno nun ser cuadrúpedo: o raposo pálido. Tras aquela acción, Amma decidiu reordenar o universo: sacrificou a Nomo, o irmán xemelgo do raposo pálido. Un río de sangue derramouse no espazo exterior, provocando o nacemento da primeira estrela: Sirio, o embigo do mundo. Cando esta estrela e a súa lúa producen unha eclipse, o pobo dogón -de onde procedía o ancián-celebraba a festa Sigi, o clímax da vida da tribo”

Cando o ancián Ogotemmeli morreu, “unha bibloteca desapareceu, sen necesidade de que as chamas acaben co papel” as súas historias máxicas desvanecéronse. Nin sequera puideron ser substituídas por outras que Helene contaba na escola, nun inintelixible idioma, que me esforcei en comprender. Quería coñecer que ocorreu cos outros dous xemelgos de Ogotemmeli, pero Helene non coñecía aquela historia. Ante a miña desilusión, tentou contarme historias, para meu parecer, insípidas, porque non estaban acompañadas de brazos e pernas voadoras nin ritmos de tambores, pero historias que ao final chegaron a min a través de letras de papel, coa única diferenza que podía transportar esas historias ao baobab do pobo.

-Eses libros europeos, comeranche a cabeza- dicía a miña avoa cando lle recitaba de corrido a ela e as miñas irmás os contos europeos de Hélene. Uns trasgos que fabricaban zapatos pola noite, unha bruxa que se miraba nun espello querendo ser a mais bela, un coello que chega tarde á hora do té. A miña nai calaba, pero secretamente ría.

Ao meu pai non lle parecía ben que a súa filla fose á escola. Para el era unha perda de tempo. Mesmo cando me esforzaba en sacar boas notas e acceder a bolsas para seguir estudando. A miña nai seguía calando, pero traíame ás agachadas libros “Eses europeos que tanto che gustan”,dicíame, sacándoos de debaixo do seu vestido laranxa que imitaba os amenceres da nosa terra.

Os contos de papel de Helene remataron, pero chegaron esoutros que seguía devorando baixo o baobab. A miña nai deixábame enfrascada nas miñas letras, se lle axudaba polo día coas tarefas do campo. E empecei a observar centos de amenceres de mulleres nas terras, traballando, loitando e morrendo por algo que nunca lles pertencería. E deixei o meu cómodo asento do baobab para subirme a el e gritar.

E así fun coñecida no mundo: “A muller que subiu ao baobab e gritou polos dereitos das mulleres”

Beatriz Guerra (Castrofeito, O Pino 1977) . Teño publicado  relatos na revista do Ateneo Ferrolá e na editorial Contos Estraños (Revista Volume V e Volume VI) Podedes seguirme no blogue: helenadebao.blogspot.com.es

A miña experiencia profesional vencellouse dende os meus inicios o eido social, onde a prioridade era a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres: non so no eido da violencia de xénero, senón na violencia económica e social. Supoño que estas experiencias influenciaron a miña escrita.

A nena protagonista de Aminata basease nunha historia dun muller real, Aminata Traoré,  escritora e política, nada en Mali, que pasou a súa vida loitando polos dereitos das mulleres africanas.

venres, 10 de outubro de 2014

"Luz Fandiño", de Charo López (e Xoana Pardo)





Charo Lopez

Estudei jornalismo na USC e fotografia na escola de arte Antonio Faílde. A necessidade de comunicar busca formato, letras, sons, cores. A imagem fixa e o texto conseguem ser as ferramentas -de maneira complementária ou independente- que me ajudam a interpretar e descrever umha realidade complexa. Criaçom e comunicaçom difuminam-se; reflexom e expressom som palancas. Para saltar. Ou caminhar, quando menos.

Máis información no seu blogue: http://charolopezfoto.blogspot.com.es/

Sobre a súa obra, ela diz:
Luz, passados os oitenta, ilumina com um olhar que guardou soles da Argentina, da França e sobre todo do céu cinzento de Compostela. Tem um armazém cheio de lembranças históricas que comparte fazendo do seu património cousa comúm. E tem vivos todos os sonhos do mundo. Luz rebelde. Luz lilás e vermelha. Luz alegre e azul. Amiga das ruas. Militante do futuro.

O texto que acompaña as fotografías son dunha entrevista de Xoana Pardo (estudante de xornalismo) a Luz Fandiño, que pódese atopar completa: http://compostimes.com/2014/01/luz-fandino-a-crise-e-un-xogo-fascista/

xoves, 9 de outubro de 2014

"Quérote ceibe", de Luz Beloso e poema de Miguel Ángel Alonso


"Imprensa para mulheres - imprensa de mulheres: duas ideias brevíssimas", de Óscar Valadares

Grabado Circe, de Giovanni Benedetto Castiglione (1650)
Primeira ideia: não há colectivo social sem comunicação. Podem existir grupos de debate, até grupos mobilizados e mobilizadores, mas quem procure incidência social tem necessariamente de espalhar os seus debates ao conjunto. Tal tarefa não é possível sem comunicação, sem o que os partidos e as organizações clássicas do marxismo chamaram órgãos de expressão. Os feminismos e os colectivos LGBTI sabem disto e nos últimos anos têm posto em andamento um bom número de iniciativas comunicacionais polo mundo adiante — também na Galiza — combatendo por essa via a subalternidade dos seus próprios debates, amiúde injustamente submetidos e secundarizados em relação aos debates principais das organizações políticas e sociais em que a maioria dessas pessoas também militam. Mas não só.  As novas publicações destes coletivos têm, de modo fundamental, a virtualidade de se opor à tradicional imprensa vocacionada para a mulher, subvertendo, pola base, o conceito mesmo de “imprensa para mulheres” e todo o que isso implica direta ou indiretamente.

É necessário notá-lo: a imprensa para mulheres não deixa de ser, em todo caso, imprensa capitalista. Tem por objetivo vender produtos, colocando-os na retina de públicos identificados como alvo. Não é casual que na “imprensa para mulheres” não se publicitem carros, mas cosméticos, como tampouco é por acaso que os exemplos de “mulheres de sucesso” sejam sempre umas poucas empresárias e as escassas mulheres que povoam conselhos de administração de grandes transnacionais, nem tampouco que a mensagem seja sempre “o que nós, mulheres, podemos fazer dentro do sistema machista” e nunca “os motivos polos que nós, mulheres, somos oprimidas polo sistema machista”.

Constatar esta situação, essa ocultação propositada da realidade, equivale, pois, a constatar que a propriedade dos meios de comunicação “para mulheres” reproduz neles exatamente os mesmos padrões ideológicos que lhe são caraterísticos, todavia com especial virulência. E ninguém duvida que os padrões ideológicos das oligarquias que possuem os meios de comunicação — também aqueles produzidos “para mulheres” — passam hoje, como ontem, pola conservação da sua superioridade de género, por manter vivo o processo de “cousificação” da mulher (sugerindo falsamente, de passada, que o processo de normalização da condição feminina e das sexualidades dissidentes está já efetivizado), e por continuar recluindo em guetos de segurança as alternativas LGBTI, visíveis o suficiente para evitar críticas, mas não demasiado.

Segunda ideia: além disso, essa constatação impõe também, por fim, a necessidade de se dés-disciplinar do tipo da imprensa que a reproduz, considerando que a condição da mulher nas sociedades capitalistas não tem nada a ver com uma definição biológica ou natural, mas com uma perspectiva histórica — legível do ponto de vista marxista — que exige às próprias mulheres, como sujeito histórico, a sua ativação e organização em chave política, arredor da ideia da sua própria emancipação. E exatamente o mesmo para os coletivos LGBTI, que só nos últimos anos começaram a assumir esta exigência de modo aberto e positivo. 

A consequência prática deste novo papel é a modificação do paradigma de consumo de informação, fugindo da imprensa segmentada para mulheres e encetando o caminho da imprensa feita “por mulheres”, centrada na superação da sua condição subordinada. Evidentemente, um trabalho que não será feito sem dificuldade, a começar pola associação da comunicação militante com comunicação interessada, enquanto aos grandes meios se lhes reconhece seriedade e neutralidade; e a seguir pola ideia ainda geralizada de que essa imprensa militante, quando for opositora ao sistema, tem muito mais de exercício de histeria (sic) do que com a transcrição de debates de interesse para as maiorias sociais.

Por outras palavras, que a imprensa feminista, feita “por mulheres”, não está livre de cair na mesma subalternidade a que as oligarquias sempre quiseram reduzir o conjunto do movimento feminista. E que a única maneira de superar o ataque e desafiar frontalmente aquela imprensa que trata de simular uma normalização já efetivizada é o mesmo que hoje faz do feminismo e da militancia LGBTI um dos pólos de debate social mais ativos e interessantes da afirmação dissidente: compromisso, organização, combate.

Óscar Valadares Ocampo, militante comunista e soberanista no MGS e no BNG, é membro do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes e faz parte do conselho editor de Contrapoder.info.

"Envexa de clítoris", de Helena Capera

“As Bruxas Lancashire” de de William Harrison Ainsworth
Segundo o misóxino Sigmund Freud todas as mulleres padecemos envexa de pene, un trauma que nos posúe de nenas cando descubrimos os xenitais masculinos e recoñecemos o noso corpo incompleto, castrado.

O que parece un chiste malísimo é unha teoría que mutilou a sexualidade de moitas mulleres ao longo do século XX. O falocéntrico Freud e a súa tropa interpretaban as mulleres como seres opostos aos homes. Consideraban que os orgasmos provocados pola estimulación do clítoris eran infantís (por non precisaren o pene). E chegaron a ser tan ignorantes que obviaron non só que non envexamos as pirolas, senón que o noso clítoris é o único órgano do corpo humano dedicado, exclusivamente, a producir pracer.

O clítoris ten máis de 8.000 terminacións nerviosas, a maior concentración que existe nun único órgano. Supera a hipersensibilidade das puntas dos dedos, dos labios e da lingua. O clítoris é puro nervio: un tesouro máxico!

Moitas somos as mulleres que algunha vez soñamos  cunha pirola  propia  (colgando  entre as pernas) ou falamos sobre os xenitais masculinos. Utilizamos dildos con forma de falo e gozamos penetrando mentres fodemos. Pero iso é curiosidade e vicio. Non envexa.

Porque cando de nenas descubrimos o noso clítoris, un mundo novo e fantástico se abre diante de nós. Aprendemos a tocalo, agarimalo, beliscalo. Gozamos cunha lingua, uns dentes, un alento. Viaxamos mentres o capuchón se abre e o botón crece e se expande. Sentimos o centro do universo debaixo do noso embigo.

Tan poderoso é o noso clítoris que nalgunhas sociedade a mutilación deste órgano se utiliza como mecanismo de control dos corpos. Anulando o desexo e o pracer, anúlase a persoa. E eliminando a autonomía das mulleres, mantense a hexemonía dos que mandan.

Se Sigmund Freud tivese cona, quizais titulase algunha das súas obras ‘Sabia natureza’. E o que nomeou loucura, chamaríao multiorgasmo. Pero naceu  e  viviu   coma  un  home  e  falou  sobre   as mulleres sen coñecelas nin respectalas. Morreu sen decatarse de que o sensato, en todo caso, é padecer envexa de clítoris.

Helena Capera Cullell é amante das letras, dos corpos e das linguas. Chegou ao Atlántico dende Mediterráneo hai seis anos e dende aquela medra e desaprende en galego. O concepto ‘neofalante’ non lle gusta. O queixo, encántalle.

mércores, 8 de outubro de 2014

"Virxinia", de A Nena

No Cruceiro de Cabeza de Vaca, dunha ocasión atoparon unha raposa. Entre laranxa e amarela, ferida e tan feble que, a pesar do medo, non puido fuxir dos nenos. O animaliño tiña un par de buracos de bala, un preto da orella, outro leváralle unha mamila. Os proxectís, pensaron todos, eran do Lois, pero quen lle dicía nada ó rapaz ou o seu pai. Se un era un mal fillo, o outro era peor home. Don Manuel que por aquel entón vivía so, dende que a tía marchara coidar dunha filla a Caracas, recolleuna e chamou o veterinario. Para que o queres? Mátaa. Díxolle como se o estivese avisando de algo.

Pero non fixo caso e, arrimouna o seu cuarto. Durmiu na súa alfombra mentres lle facía as curas e, lle daba as papas e o leite receitados polo Xoán. E logo de sandar seguiu alí, respirando no seu dormitorio, camiñando a carón, compartindo alimento. Ela con el, el con ela. As veces ela marchaba, pasaba uns días fóra e, na volta, traía algún coello ou galiña, que Don Manuel preparaba enfadado e agradecido.

Dunha delas, apareceu de novo xunto o Cruceiro, e tamén de novo cun par de buracos, un preto do nariz, outro no rabo. Chamou outra vez o doutor e repetiu os coidados segundo as indicacións. Non houbo mais sustos ate tres anos despois, en que despois de algo máis dun mes volveu aparecer da mesma maneira e no mesmo lugar.

Don Manuel estaba na reitoral regando os xeranios, mentres ambos durmían a sesta, fuxindo do lume dos dias de agosto ou buscándoo  no inverno, diante da cociña de ferro.

Matou a femia, deixou o macho. Coidounos os dous e eles coidaron del. Don Manuel acertara, a súa Virxinia non marchou, sen embargo deixábase amar polo seu fillo até o incesto. Algo que non era do gosto relixioso do párroco, pero que admitiu coma unha penitencia.

Igual que aceptou afogar os fillos daquela pequena perversidade da Natureza, sen deixar un. Aproveitaba mentres ambos durmían a sesta, fuxindo do lume dos dias de agosto ou buscándoo  no inverno, diante da cociña de ferro.

Dunha vez, sen embargo, o Lolo fillo, espertou e foino buscar. O ver o seu pai facer aquilo, arrabiou de tal maneira que lle cravou todos os dentes na gorxa. Don Manuel comezou a sangrar tanto que asustou ó animal e fuxíu. Virxinia baixou ó escoitar as voces e os gruñidos. Cando víu o seu compañeiro, achegouse a el asustada, lambeulle nas feridas e correu polo veterinario.

Don Manuel pasou días no dormitorio, Virxinia coidouno igual que a coidara a ela, e el durmíu tranquilo na alfombra, xunto a súa cama.

Podedes seguir A Nena no seu blogue: http://historiasdamanola.blogspot.com.es